Moralidade e xustiza

A moral, ademais de ser un medio para que a sociedade funcione, tamén é unha maneira de mantela nun orde e asegurar algunhas das súas cualidades. Un estado de dereito, onde se considera que todos somos iguais, non pode perder a noción dos principios de moralidade e xustiza e debe restablecer o equilibrio roto cando certos personaxes atentan contra esa moral que nos une. Sexan ou non Borbónicos .

A negación intencionada, ou non haber querido entender  cal era o seu deber coa sociedade, non debe ser causa para evitarlles sofrír as consecuencias dos seus actos delitivos cometidos, tanto a sabendas como por estupidez, e deben ser castigados, pois estaban exercendo o seu libre albedrío. E xa que os mandamentos divinos non son dabondo imperativos da moral, e moito menos da xustiza,  é necesario que  a sociedade exixa que se lle  aplique ámbalas dúas. 
Que tamén hai que ser honrado co demo e darlle o que se lle debe!

FONTE: El Correo Gallego

Ningún comentario :

Publicar un comentario